Hoxe celebramos no cole, como cada 8 de Marzo, o Día da muller traballadora.
Así pois, dende o claustro decidimos facer uns xogos relacionados coa temática, cos cales o alumnado tivo a posibilidade de realizar diversas actividades físicas e deportivas,vinculándoos aos contidos relacionados con esta celebración tan importante.
Por una banda, o alumnado de Infantil fixo diferentes debuxos, todos eles adicados ás mulleres das súas respectivas familias; posteriormente, fixeron xogos coma “O Xeo” ou “O Sitio”, traballando con estes debuxos e, tamén, con imáxenes que mostraban malos comportamentos, có obxectivo de tomar conciencia das boas e das malas actitudes. Finalmente, reuníronse nun corro plasmando as boas actitudes que queren levar a cabo no seu día a día.
Por outra banda, o alumnado de 1º a 4º de Primaria realizaou un traballo de capacidades físicas e habilidades motrices básicas, traballando os xiros e os saltos (xirando sobre os valores positivos e saltando sobre os negativos) ; así como a velocidade. Tamén, valoraron distintas actitudes e costumes presentes na nosa sociedade, distinguindo entre actitudes positivas e actitudes negativas (correndo hacia o lado do campo correspondente). Ademais, tamén remataron a sesión reuníndose nun corro e compartindo os valores que queren ter na súa vida, lonxe da violencia e do machismo.
Por último, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, practicou dous dos seus deportes favoritos; o baloncesto, no que cada alumno e alumna colleu un balón, con feitos e realidades que existen na nosa sociedade, como a discriminación hacia a muller, a violencia ou a trata de persoas, anotando na canasta positiva o na negativa, según correspondera; así coma o hockey, anotando na portería que correspondera, según o que representara cada pelota, distinguindo entre portería positiva e portería negativa.
Todas as actividades do día foron realizadas cun debate e explicación de cada unha das ideas traballadas, adaptándonos á idade do alumnado.
Esperamos que vos guste o vídeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario