venres, 28 de marzo de 2025

MANUEL RIVERO PÉREZ "OS TALENTOS"

 No día de hoxe tivemos a sorte de contar coa visita de MANUEL RIVERO PÉREZ que veu a falarnos acerca dos talentos. Contounos a historia de Aurora Sampedro Piñeiro, unha rapaza lista, curiosa, disciplinada e aplicada nos estudos, anos máis tarde licenciada en Ciencias Químicas, Doutora na mesma rama, Investigadora de prestixio internacional e Académica. A persoa que descubriu o talento de Aurora, foi a súa mestra, Dona Juanita, ela mesma ocupouse de preparala para os exames de bacharelato elemental por libre, no Instituto de Lugo. 


A partir desta historia de Aurora, Manuel Rivero falounos da importancia de confiar nas nosas posibilidades e talentos persoais. Para iso, levamos diferentes prácticas que nos permitiron descubrilo.


As palabras máxicas son:

QUERO, PODO, MEREZCOO.



A primeira práctica que fixemos foi intentar encestar unha pelota nunha papeleira. Primeiramente un neno/a só e despois con axuda doutro compañeiro. É moi importante confiar en nós mesmos decindo as palabras máxicas que nos ensinou Manuel Rivero.



Outra das prácticas que fixemos foi por grupos intentando contruir unha torre co número de pezas indicado.

Moitas grazas Manuel Rivero por compartir este anaco con nós así como tamén pola túa doazón e dedicatoria para o noso centro.











xoves, 20 de marzo de 2025

💗📕LECTURA E FAMILIAS💗📕

Este xoves tivemos a visita de familias voluntarias para ler contos na hora de ler. 
Deixámosvos por aquí algúns dos momentos do día de hoxe.

 Alumnado de Educación Infantil



Alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria






Alumnado de 4º,51 e 6º de Educación Primaria


venres, 14 de marzo de 2025

SEMANA DA PRENSA


Durante a Semana da Prensa o alumnado do Ceip Plurilingüe do Xurés confeccionou o seu propio xornal. Para iso, cada ciclo encargouse de facer unha sección.

Asimesmo, tamén vimos as diferentes partes dunha noticia: titular, imaxe, volanta, epígrafe, copete, destacado.










SECCIÓNS DO NOSO XORNAL

O alumnado de Infantil levou a cabo unha sección acerca do TEMPO ATMOSFÉRICO.

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria confeccionou a sección de DEPORTE pegando diferentes imaxes de actividades que se fixeron no que levamos de curso vinculadas co ámbito do deporte.


O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria levou a cabo a sección CIENTÍFICA na cal se recolleron diferentes experimentos que se fixeron no Club de Ciencias coa profe Irene así como tamén se reflexaron momentos dun Obradoiro científico que tivemos no cole de "Ciencia en Movemento".

O resultado final desta sección foi o seguinte:












O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria levou a cabo a sección SOCIEDADE. Deixásmosvos por aquí fotiños do proceso así como tamén o resultado final.












xoves, 6 de marzo de 2025

XORNADA CIENTÍFICA NA COMPAÑÍA DE CIENCIA EN MOVEMENTO

Este Xoves  tivemos a sorte de desfrutar dunha xornada científica con ciencia en movemento na cal levamos a cabo diferentes tipos de experimentos.

Deixamosvos algúns momentos vividos no día de hoxe!

Esperamos que vos guste!