xoves, 13 de xuño de 2024

Charo Pita: contos e lendas 📻🌄

No marco do programa Radio na Biblio, este xoves 13 de maio, o alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria recibimos a visita de Charo Pita. Charo Pita ensinounos como facer un guión radiofónico do programa "Xeografías Máxicas" baseado nas historias que ela mesma nos contou. Desfrutamos e gustounos moito as lendas que nos relatou e que tiñan por protagonistas a seres tan interesantes como Hércules, Pirene, Xerión ou Ortro, o cancerbeiro. 

Graciñas, Charo!!

 De ben seguro que aplicaremos todo o que nos ensinache nas nosas grabacións radiofónicas!! 










Convite á presentación do PDI "Coñecemos o pasado; vivimos o presente"


 

mércores, 12 de xuño de 2024

Día da Bici!! 🚵🚴

Este mércores 12 de xuño, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria celebramos o Día da Bici cunha ruta dende o noso cole, pasando por Vilameá ata Río Caldo. Unha vez alí, fixemos unha pequeniña ruta a pé para coñecer de préto unha das paisaxes máis fermosas do noso parque natural: a Corga da Fecha. Logo, xantamos e desfrutamos das augas termais de Río Caldo! Xa pola tarde, regresamos en bici ao cole! 

Foi unha xornada moi bonita, na que puidemos gozar cos nosos compañeiros das nosas paisaxes e do deporte, compartindo moitos de nós as nosas afeccións favoritas. Repetiremos! 

Podedes ver un resumo desta xornada a continuación, pero antes queremos facer un agradecemento ao grupo do GES de Lobios - en especial a Sonia e Jose Antonio - que nos escoltaron durante todo o traxecto e coidaron, en todo momento, da nosa seguridade! 







martes, 11 de xuño de 2024

Visita dun helicóptero militar 🚁

Este martes 11 de xuño, un helicóptero militar estacionou ao pé do noso centro, no campo de fútbol do equipo de Lobios. Os militares, moi amablemente, convidáronnos a velo de préto e mesmo nos puidemos montar no helicóptero e poñer os seus equipamentos! 

Que experiencia máis chula! Graciñas!!









venres, 7 de xuño de 2024

Xornada de Piragüismo 🚣🏃

Este venres 7 de xuño, no marco do programa XOGADE e grazas á promoción da Asociación Deportiva San Rosendo, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria desfrutamos dunha xornada de inicación ao kayak e ao piragüismo. Foi unha xornada perfecta na que desfrutamos do noso Parque Natural e do Concello de Muíños na compañía dos centros da Baixa Limia e do concello de Barbadás. 

Despois de desfrutar moitísimo na auga e cos remos, probamos os módulos do Gladiator Race! 

Repetiremos, sen dúbida, o próximo curso!!