O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria, dende a materia de Ciencias da Natureza, creamos un lapbook e grabamos un programa especial de radio co fin de promocionar e recomendar hábitos saudables no marco do Plan Proxecta+ "Moita vista na escola".
venres, 31 de maio de 2024
mércores, 29 de maio de 2024
Exhibición da Garda Civil e Ges de Lobios🚓 🚁🚑🚒
venres, 24 de maio de 2024
Día dos Parques Naturais 💚🌄 🌳🌲
Con motivo do día dos Parques Naturais e no marco do Plan Proxecta+ "O monte vivo", este venres 24 de maio participamos nunha actividade organizada polo Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e cambio climático.
Primeiro, achegámonos á sede do Parque para participar na votación "Vota pola natureza" e escoller dúas especies do Parque: unha de fauna e outra de flora.
Finalmente, achegámonos a área recreativa de Río Caldo para xantar e xogar un pouco!
Foi un día estupendo no que desfrutamos do noso parque,
confirmando que o Xurés está máis vivo ca nunca!
💚🌄
xoves, 23 de maio de 2024
Yolanda Castaño conta "Coller as rendas"
No marco do programa, Lectura e Familias, este xoves día 23 de maio, visitou o noso cole a poetisa e escritora Yolanda Castaño. Primeiro, puxemos en común que é para nós a poesía e algunhas das súas características máis destacadas: a rima, os versos, as estrofas...
A continuación, presentounos e leunos o seu libro "Coller as rendas", un poemario protagonizado por animais pouco frecuentes nos libros de contos como o cachalote, o percebe, o berberecho, a carracha ou a vaca cachena. Todos eles loitaban por atopar o seu camiño e tomar as rendas da súa vida.
xoves, 16 de maio de 2024
Día das Letras Galegas: Luísa Villalta🎻📖
Este xoves 16 de maio, conmemoramos o Día das Letras Galegas que se celebra mañá e que homenaxea á escritora e violinista Luísa Villalta.
Xuntámonos ao redor do mural da ilustración de Luísa, que creara a ilustradora Tania Solla cando visitou o noso centro hai un par de semanas.
Ao longo desta semana, fomos creando viñetas de banda deseñada sobre a vida de Luísa. Hoxe montamos os puzzles destas viñetas e expuxémolas!
A maiores, os compañeiros de 5º e 6º leron unha biografía e fixeron un repaso pola vida de Luísa.
mércores, 15 de maio de 2024
Día das Familias 💚💙
No marco do programa Polos Creativos e Biblioteca Creativa, traballamos arreo todo este terceiro trimestre en talleres de creación, confección e costura de bolsas e marcos de fotos para agasallar ás nosas familias nun día tan especial como o 15 de maio!
Agardamos que vos gusten, familias!!
Graciñas por todo!! 🌟✨
Programa de Radio: Escritoras Relevantes 👩📚📻
Con motivo da commemoración das Letras Galegas e no marco do Plan Proxecta+ "Donas de Sí", dende a Radio Xurés, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria convidamos aos nosos compañeiros de 3º e 4º para que fixeran un repaso polas escritoras máis relevantes que loitaron pola reinvindicación dos dereitos das mulleres e a igualdade de xénero.
Deixámosvos aquí o noso podcast para que o escoitedes!
martes, 14 de maio de 2024
Conmemoración das Letras Galegas: Programa de Radio 📻
venres, 10 de maio de 2024
Obradoiro de títeres🤡
Este venres día 10 de maio - no marco da Biblioteca Creativa e dos Polos Creativos - sacamos a nosa vea máis creativa da man dun obradoiro de títeres presentado por Ton Arenas.
Ton ensinounos algunha das fabulosas creacións que fai, as máis delas de cartón, e incluso tivemos a oportunidade de vestir algunha das súas máscaras.
Logo, ensinounos a facer títeres a base de cartón!
Pasámolo xenial! Aquí vos deixamos un resumo!
Graciñas Ton!!!

.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.png)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
