O pasado venres 23 de outubro conmemoramos o Día das bibliotecas escolares realizando unhas actividades no noso patio.
Os máis pequenos contáronos o conto de "A que sabe a lúa?" cunhas marionetas e un mural moi bonito. Estos pequenos a verdade é que son uns artistas.
Os nenos e nenas de 4 e 5 anos crearon un conto moi especial que titularon "A que sabe o mel" fixeron unha representación con marionetas e agasalláronos a todos os presentes con mel do Xurés. Que bo sabor de boca nos deixaron!
Os nenos e nenas de 1º e 2º curso de primaria fixeron uns debuxos dos seus contos favoritos e lle explicaron ao resto do cole os motivos de que lle gustasen eses contos. Que bos lectores son!
Os máis maiores do colexio, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de primaria estiveron toda a semana investigando sobre mulleres escritoras e Fátima Molinero e Chloé foron as encargadas de resumirnos as investigacións de ambos cursos. Tamén o resto do alumnado contounos un pouco do que investigaron. Canto aprendimos!
Pancholiño está moi orgulloso dos nenos e nenas do cole xa que o fixeron un gran traballo!