martes, 22 de abril de 2025

🎸CONCERTO DE PAKOLAS 🎸 Ecoralia, a lambona ecolóxica🍎

Este Martes tivemos a sorte de contar coa visita de Paco Cerdeira (coñecido polo público infantil como "Pakolas") para festexar o día do libro.  Para anunciar este gran evento polo noso pobo levamos a cabo dende o centro un concurso de cartéis. Dende aquí queremos agradecer ás familias e a todo o alumnado pola súa colaboración nesta actividade.




Pakolas presentounos neste concerto o seu último librodisco "Ecoralia, a lambona ecolóxica". A historia   trata de concienciar ós máis cativos da importancia de consumir alimentos ecolóxicos para coidar o medio ambiente, combater o cambio climático así como tamén para garantir o benestar animal.


Deixámosvos algunhas fotos do evento. Esperamos que vos guste!






xoves, 10 de abril de 2025

🏃🏀🎳DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 🏃🏀🎳



Este Xoves 10 de Abril fixemos unha saída á Bande para festexar ca rapazada do Ceip Xoaquín Lourenzo Xocas o día DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA. Desfrutamos dunha xornada de convivencia cargada de xogos.

Deixámosvos por aquí algúns dos momentos do día.























Desfrutamos todos xuntos dunha merenda saudable.







mércores, 9 de abril de 2025

🐇🥚Easter Egg Hunt 🐇🥚


Aprofe Miriam e a profe Ana preparáronnos unha actividade moi divertida en inglés que consistiu en buscar polo patio ovos con sorpresas. Para levar a cabo a proposta o alumnado agrupouse por parellas de tal maneira que os maiores puidesen acompañar ós máis cativos nesta aventura tan divertida.

Deixamosvos algúns dos momentos vividos no día de hoxe.

















Esperamos que vos gustase!!