mércores, 25 de outubro de 2023

VISITA DE XABIER DOMÍNGUEZ 📚 🦔

Na semana das Bibliotecas Escolares, seguimos con actividades na nosa biblio. Desta volta, no marco da iniciativa "Lectura e Familias", recibimos a Xabier Domínguez, autor da colección de contos Naturizo. 

Primeiro, contounos como é o proceso de escribir. Destacou tamén a importancia de todas as persoas que interveñen no libro, non só os propios escritores, senón tamén os ilustradores, as persoas que traballan na imprenta e no transporte e mesmo os libreiros!

Desvelounos tamén algúns detalles da súa última obra "Segredos Soterrados", que escribiu xunto a Alba De Eván. A historia desenvólvese no concello veciño de Muíños, onde os protagonistas Sabela, Jorge e a gata Morriña desfrutan do verán no campamento. Confesounos ademais que un dos personaxes do libro, Alberto, está inspirado no noso director! Que ilusión!!! 😊




martes, 24 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 📚

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o día das Bibliotecas Escolares, baixo o lema "Tecendo Comunidades". Foi un dia cargado de actividades que tiveron por centro a nosa biblioteca. 

Logo de recordar as normas e entregar as mochilas viaxeiras, presentáronnos a nova actividade que terá lugar na biblio: o itinerario emocional. Con el, achegarémonos a unha morea de contos que falan das nosas emocións. A continuación, realizamos un apadriñamento lector, do que gozamos moito. 

Pola tarde, recibimos unha mensaxe da mascota da biblioteca, Pancholiño. Convidábanos a viaxar con el ao longo da historia no marco do PDI "Coñecemos o pasado; vivimos o presente". Aproveitamos as imaxes do vídeo para facer unha chuvia de ideas e recompilar o que sabemos das etapas da historia e o que queremos saber. Ademais, animámonos a crear unha liña do tempo e a inaugurar o noso mural do proxecto. 




sábado, 30 de setembro de 2023

OS PRIMEIROS ANIVERSARIOS DO CURSO 🎂🎈🎉

Rematamos setembro festexando os aniversarios dos compañeiros que cumpriron anos en xullo, agosto e setembro cunha rica tarta!

 Parabéns! 



venres, 23 de xuño de 2023

SAÍDA ÁS CÍES

Para celebrar o remate de curso os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe do Xurés, xunto cos mestres e as súas familias visitamos as illas Cíes ás que chegamos en barco.  Acompañounos un moi bo tempo para desfrutar da auga, do sol e da area. 






Algúns animáronse a subir ata o faro para observar mellor as vistas dende alí. 






FELICES VACACIÓNS ! VÉMONOS Á VOLTA!

luns, 29 de maio de 2023

ANIVERSARIOS DE MAIO

 Durante o mes de maio cumpriron Anxo, Hugo e Fernando no centro. Comimos unha tarta riquísima, moitos parabéns!🎉



venres, 19 de maio de 2023

Día das Letras Galegas💙

O pasado martes adicamos a última hora para traballar o Día das Letras Galegas, tendo en conta ao autor a quen se lle adica este ano; Francisco Fernández del Riego realizamos un mural colaborativo todo o centro. 

O resultado foi o seguinte;






martes, 2 de maio de 2023

ANIVERSARIOS MES DE ABRIL

 O pasado xoves 27 de abril celebramos no comedor comendo unha tarta riquísima os aniversarios de Aitor, Elena, África e Daniela.

Moitos parabéns!