venres, 6 de marzo de 2026

 TODAS E TODOS CONTAMOS!

Hoxe as nenas e nenos do cole participaron activamente na obra de teatro "As tarefas do fogar entre todas e todos" cargada de humor, pero cunha mensaxe moi seria: a igualdade de xénero.

Logo os máis pequenos (4º,5º e 6º de infantil e 1º e 2º de primaria) participaron nun contacontos "A familia" e ademais realizaron unha actividade  "Creando a miña familia".

Os máis maiores tiveron a sorte de participaron nun obradoiro de percusión corporal e percusión con instrumentos feitos con material de reciclado.

Vivimos unha xornada escolarinclusiva da man de AFUNDACIÓN (obra social Abanca).