venres, 27 de febreiro de 2026

 ANIVERSARIOS DO MES DE FEBREIRO🍰🎉

No día de hoxe celebramos o aniversario de Sara, Gael, Valentina, Selena, Mia, Kyllian e Ainhoa.

Feliz volta ao sol, que sexades sempre moi felices.

PARABÉNS!





venres, 13 de febreiro de 2026

 

🎭🎉ENTROIDO 2026 🎉🎭

O venres 13 de febreiro celebramos o Desfile de Entroido xunto con outros centros educativos da Baixa Limia, nunha xornada chea de cor, música e moita ilusión. O alumnado pasouno xenial, compartindo risas, disfraces e momentos inesquecibles cos seus compañeiros e compañeiras. Para poñer o broche final á festa, repuxemos forzas cun delicioso chocolate con orellas, que fixo as delicias de pequenos e maiores. 

Un ENTROIDO para lembrar!