venres, 30 de xaneiro de 2026

 ANIVERSARIOS DO MES DE XANEIRO🍰🎉

No día de hoxe tocou celebrar o aniversario de Idaira, Unai, Antón, Tania, Mateo, Yannet e Dylan.

Feliz volta ao sol, que sexades sempre moi felices.


PARABÉNS!



 PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS 

O alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º participou nun taller formativo de primeiros auxilios co fin de, a través do xogo e a simulación, actuar ante determinados problemas de saúde. Os obxectivos desta actividade son o empoderamento dos cativos e cativas no seu autocoidado e capacitalos para que poidan saber como actuar nunha situación de emerxencia.










Celebramos o Día da Paz🕊️

No noso colexio celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz como unha oportunidade para lembrar a importancia do respecto, do diálogo e da convivencia. A través de pequenas actividades, o alumnado reflexiona sobre valores como a amizade, a solidariedade e a igualdade.

Porque a paz constrúese cada día cos nosos xestos, seguimos traballando xuntos por un mundo máis xusto e mellor para todas e todos. 













venres, 9 de xaneiro de 2026

 

A ARTE DENDE O XURÉS: PINTURA, CINE E ESCULTURA

Durante o primeiro trimestre, todo o alumnado do centro participou no Proxecto Documental Integrado (PDI), centrado nesta ocasión na pintura, a escultura e o cine. Cada curso realizou diferentes actividades, investigando artistas, técnicas e formas de expresión artística.

O traballo desenvolvido deu lugar a creacións moi variadas, cheas de creatividade e aprendizaxe. Estes proxectos reflicten o esforzo do alumnado e o valor da arte como ferramenta educativa.

Nos vindeiros meses, afondaremos noutras disciplinas artísticas como son a literatura, a música entre outras.

                                                                    Parabéns a todos polo excelente traballo realizado!