TUBOS DO MUNDO 🎶
Hoxe os cativos e cativas do cole gozaron cunha actividade-concerto con Xabi Lozano. Este artista presenta a súa particular forma de realacionarse musicalmente cos obxectos.
No mundo hai moitísimos tubos que se poden soprar.
Recentemente, o noso centro contou coa presenza da comunicadora e narradora Soledad Felloza, quen impartiu un obradoiro especializado dentro do proxecto Radio na Biblio.
A experiencia de Soledad Felloza resultou de gran valor para impulsar as emisións da nosa radio escolar, motivando aos participantes a converterse en mellores comunicadores. Agradecemos o seu entusiasmo e profesionalidade nesta xornada tan produtiva.
A nosa radio segue medrando!
METEOESCOLAS🌈
O alumnado de 6º xunto a dirección do centro educativo acudiron ao Museo do Gaiás a recoller o premio concedido ao centro educativo por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, dentro do programa Mocidade polo Clima. O premio acadouse na iniciativa de Meteoescolas 24-25, do Plan Proxecta+.
“Educando en igualdade construímos futuro.”💜
O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Esta data lembra a loita das mulleres pola igualdade de dereitos e oportunidades. Tamén é un momento para reflexionar sobre os avances acadados e os desafíos que aínda existen. Desde o Ceip Plurilingüe do Xurés promovemos o respecto, a igualdade e o papel das mulleres na sociedade. ✊
TODAS E TODOS CONTAMOS!
Hoxe as nenas e nenos do cole participaron activamente na obra de teatro "As tarefas do fogar entre todas e todos" cargada de humor, pero cunha mensaxe moi seria: a igualdade de xénero.
Logo os máis pequenos (4º,5º e 6º de infantil e 1º e 2º de primaria) participaron nun contacontos "A familia" e ademais realizaron unha actividade "Creando a miña familia".
Os máis maiores tiveron a sorte de participaron nun obradoiro de percusión corporal e percusión con instrumentos feitos con material de reciclado.
Vivimos unha xornada escolarinclusiva da man de AFUNDACIÓN (obra social Abanca).
🎭🎉ENTROIDO 2026 🎉🎭
O venres 13 de febreiro celebramos o Desfile de Entroido xunto con outros centros educativos da Baixa Limia, nunha xornada chea de cor, música e moita ilusión. O alumnado pasouno xenial, compartindo risas, disfraces e momentos inesquecibles cos seus compañeiros e compañeiras. Para poñer o broche final á festa, repuxemos forzas cun delicioso chocolate con orellas, que fixo as delicias de pequenos e maiores.
Un ENTROIDO para lembrar!
PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS
O alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º participou nun taller formativo de primeiros auxilios co fin de, a través do xogo e a simulación, actuar ante determinados problemas de saúde. Os obxectivos desta actividade son o empoderamento dos cativos e cativas no seu autocoidado e capacitalos para que poidan saber como actuar nunha situación de emerxencia.
No noso colexio celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz como unha oportunidade para lembrar a importancia do respecto, do diálogo e da convivencia. A través de pequenas actividades, o alumnado reflexiona sobre valores como a amizade, a solidariedade e a igualdade.
Porque a paz constrúese cada día cos nosos xestos, seguimos traballando xuntos por un mundo máis xusto e mellor para todas e todos.