venres, 28 de febreiro de 2025

🎭🎉ENTROIDO 🎉🎭

Este Venres tivo lugar o desfile de entroido polas rúas de Lobios. A temática escollida este curso foi froitas. Salimos dende o cole e fixemos unha parada nas guarderías así como tamén na residencia de anciáns.

De camiño á Plaza Roja, na casa do concello, repartíronnos caramelos e piruletas para todos e todas.












Contamos coa colaboración no desfile da figura representativa do concello: OS FOLLATEIROS.




























mércores, 26 de febreiro de 2025

O CABREIRO, MÁSCARA DO ENTROIDO DE MUÍÑOS (OURENSE)

Con motivo do Entroido e dentro do PDI anual “Coñecemos a Baixa Limia”, as nenas e os nenos de 6º de Educación Primaria entrevistaron a Alberto Pérez Rodríguez, director do centro e persoa que contribuíu á recuperación da máscara do Cabreiro de Muíños.



ENTREVISTA A ALBERTO, FIGURA CLAVE NA RECUPERACIÓN DA MÁSCARA DO CABREIRO (MUÍÑOS)

luns, 24 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este Venres 21 de Febreiro conmemoramos o día de ROSALÍA DE CASTRO. Ao longo da semana fomos traballando en cada unha das aulas de infantil e primaria cousiñas relevantes da vida e obra de Rosalía para finalmente poñelo en común. Reflexamos todo o traballado nunha liña do tempo ordenando diferentes momentos sigtificativos segundo transcurriron os feitos. 







Ao longo da semana fomos vendo diferentes fragmentos de poesía da obra de Rosalía de Castro analizando as súas palabras e expresando aquelas máis destacadas mediante o debuxo.







venres, 21 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA 2025

Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía o alumnado de 5º de primaria preparou un programa de radio sobre a biografía (coa vida e obras) da escritora e poetisa galega, Rosalía de Castro.

venres, 14 de febreiro de 2025

OBRADOIRO DE MÁSCARAS E CABEZUDOS, ORGANIZADO POR PEDRAS DE PAPEL

Con motivo do Entroido, dende Biblioteca Creativa participamos nun obradoiro de máscaras e cabezudos, organizado por Pedras de Papel, no que recrearon as máscaras características do Entroido de Lobios (O Follateiro) e de Muíños (O Cabreiro), con distintas técnicas.