No 1º trimestre, con motivo da celebración da II Convivencia de Educadoras e Educadores Sociais que se celebra en Lobios anualmente (organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia); o alumnado do centro participou nun obradoiro de chapas co logotipo do centro educativo e tamén con imaxes de lugares da contorna.
As chapas entregáronselle aos participantes na convivencia como agasallo.