Onte tivemos unha sorpresa no colexio xa que veu a visitarnos Papá Noel e ademais viña cheo de regalos. MOITAS GRAZAS esperamos que volvas o ano que vén.
Durante este mes estivo de aniversario Diego e tamén estarán de aniversario Nerea de 3º de primaria e tamén o profe Javi. Os flautistas adicáronlle unha canción.
E a tarta estaba riquísima! Moitos parabéns!!!!🎈🎉🍰
O pasado venres conmemoramos no centro o Día da diveersidade funcional correspondente ao 3 de decembro. Para traballar isto durante a semana nas sesións de educación física xogaron a deportes paraolímpicos como o boccia, datchball e voley sentados. Tamén decoramos unhas mariposas con pezas de puzzle e cada clase decorou unha parte do lema que decidimos utilizar para este día "Diferentes no voo pero co mesmo dereito a voar". E non só isto, ademais tivemos a gran sorte de ter unha visita moi especial. Iván, estudante de maxisterio, cun futuro moi prometedor, ten unha enfermidade metabólica pouco común veu o cole a contarnos a súa experiencia coa enfermidade e a resolver as dúbidas que tiñamos sobre ela. Regalounos unhas pegatinas e estamos moi agradecidos de que viñera a visitarnos. Sempre que queiras esperámoste cos brazos abertos porque no noso cole todos encaixamos.
Deixamos por aquí un vídeo para que vexades canto traballamos e aprendemos en cuestión de diversidade!😃
O pasado venres conmemoramos no centro o 25N-Dia contra a violencia de xénero. Empezamos o día vendo a obra de teatro "Avóas" organizada polo Concello de Lobios. Despois, realizamos un taller de estrelas, unha estrela por cada víctima falecida durante este ano por violencia de xénero. Tamén na biblioteca falamos sobre os contos e cortos aprendidos sobre o tema esta semana. E visualizamos un vídeo que fixeron os compañeiros de terceiro e cuarto. E para rematar o día creamos a nosa porta violeta para reivindicar que o noso centro é un espazo libre de violencia de xénero, aquí colocamos as estrelas e escribimos mensaxes reivindicativos.
Esperamos que non haxa máis víctimas e que algún día non teñamos que conmemorar este día!
Durante este mes estivo de aniversario Lois de 2º de primaria e tamén o noso cociñeiro Óscar. Os flautistas adicáronlle unha canción. E a tarta estaba riquísima! Moitos parabéns!!!!🎈🎉🍰
O venres estivemos de festa de Samaín no cole. Desfrutamos moito xa que fixemos uns talleres moi terroríficos e divertidos e ademais bailamos. Aquí podedes ver un vídeo que resume o ben que o pasamos.
Os gañadores do concurso da cabaza na aplicación foron: Hugo, Lara, Alma e Óscar. Noraboa!
O pasado luns 24 de outubro a biblioteca transformouse nun restaurante máxico co fin de conmemorar o día das bibliotecas escolares. Fixemos unha chea de actividades divertidas e ademais Selena, Daniela, Irina, Tania e Helena empezaron coas mochilas viaxeiras.
O pasado venres fomos de excursión a Santiago de Compostela. Mirade este vídeo resumen para que vexades o ben que o pasaron os nosos alumnos e alumnas!
DURANTE O CURSO 2021/2022, OS NENOS E NENAS DO CEIP PLURINLINGÜE DO XURÉS COMPLETARON ACOMPAÑADOS DAS FAMILIAS E DOS MESTRES O TRAMO DO CAMIÑO MIÑOTO RIBEIRO, ENTRE PORTELA DE HOME E SANTIAGO DE COMPOSTELA.
PARA REMATAR O NOSO PROXECTO DOS 8 MILES CREAMOS OS NOSOS PANEIS INFORMATIVOS ONDE RECADAMOS TODA A INFORMACIÓN QUE TRABALLAMOS DURANTE O CURSO XUNTO CON PANCHOLIÑO.
ESTA TARDE REUNÍMONOS POR DERRADEIRA VEZ PARA COMPARTIR TODA A INFORMACIÓN SOBRE O ALTO DE CODESAL. UN DOS DERRADEIROS PICOS MÁIS ALTOS QUE NOS ENSINOU PANCHOLIÑO NESTE CURSO.
TANTO EXERCICIO FÍSICO Ó LONGO DESTES MESES FIXO QUE PANCHOLIÑO ESTIVERA SAN E FORTE. POLO QUE NO RECUNCHO DA CIENCIA COMPROBAMOS COMO FUNCIONAN OS NOSOS PULMÓNS E O BENEFICIO DA ACTIVIDADE FÍSICA PARA MANTERSE EN FORMA.😀
PARA CELEBRAR O DÍA DOS PARQUES NATURAIS FIXEMOS UNHA EXCURSIÓN A MUIÑOS. ONDE APRENDEMOS UN POUCO MÁIS SOBRE OS PARQUES NATURAIS E AQUELAS CONSTRUCCIÓNS QUE PODEMOS ATOPAR POLO CAMIÑO COMO A CASIÑA DA MOURA, O FOXO DO LOBO,... NESTA OCASIÓN TAMÉN NOS ACOMPAÑARON OS COMPAÑEIR@S DOS COLES DE ENTRIMO, BANDE E MUIÑOS.
CADA UN DE NÓS LEVOU UN PEQUENO AGASALLO CO CAL ESPERAMOS MANTER OS NOSOS PARQUES CHEOS DE ÁRBORES SANS E FORTES.
HOXE CONMEMORAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 ADICADO A
FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.
OS NENOS E NENAS DO CEIP DO XURÉS FIXEMOS EN CONXUNTO UN MURAL COAS PALABRAS GALEGAS QUE MÁIS NOS GUSTARON E A CONTINUACIÓN ELABORAMOS UN POEMA POR CLASE CON ALGUNHAS DELAS, OS CALES LEMOS PARA TODOS OS CAMPAÑEIROS/AS.